|
Un Netlabel sen ánimo de lucro dende o que todos aqueles creadores e creadoras que
o desexen poden difundir, distribuir e amosar a súa obra baixo licenza Creative Commons.
Non importa o que fagas (música, videocreación, fotografía, poesía,
pintura, banda deseñada...) nen como o fagas, se é dixitalizábel e
queres difundilo na rede a través de A REGUEIFA PLATAFORMA, escrébenos a
This e-mail address is being protected from spam bots, you need JavaScript enabled to view it
e falamos.
 |
22.07.08. Os composteláns SOM DO GALPOM, segundos clasificados no certame GZcrea 2007 e gañadores do IV Concurso Galego do Foundation Reggae Festival, estrean a súa mestura de rap e funk cun EP de seis temas. [+]
|
 |
14.05.08. Xa está aqui KARA.O.KE, o moi agardado segundo disco de PROJECTO MOURENTE, editado tanto en mp3 no netlabel coma físicamente a traves de A Regueifa Discos. [+]
|
 |
16.04.08. Chega GRANDES EXITOS, primeiro traballo da novísima banda de punk NOVEDADES CARMINHA, editado nun novidoso formato duplo: o mp3 e o tradicional cassette analóxico. [+]
|
 |
15.04.08. Samuel L. Paris estréase con MANUAL DA DESTRUCION, un poemario iconoclasta e xeracional que ha deixar pegada na anquilosada poesía contemporánea galega. [+]
|
 |
14.04.08. Chega a obra colectiva PROXECTO IDENTIDADE, un libro no que medio centenar de membros do blogomillo reunen relato, poesía, fotografía e ilustración arredor do concepto de identidade. [+]
|
 |
25.03.08. J.J.G. Rodicio estrea Triloxía das miniaturas, unha obra de teatro moi especial, por incompleta, que aspira a ser rematada coas aportacións dos seus leitores a traves do seu propio blog. [+]
|
%2040.jpg) |
27.02.08. Xa está aqui a edición en mp3 do moi agardado segundo traballo de ATAQUE ESCAMPE, Galicia es una mierda. A finais de marzo chegará ás tendas a edición física da man de A Regueifa Discos. [+]
|
 |
25.02.08. Os lucenses VALE TUDO estrean a súa arriscada proposta en forma de seis temas en clave de post-rock acústico . [+]
|
 |
06.01.08. Chega dende Ferrol un novo EP de QUANT, catro alfaias de pop sixties baixo o título de The Shagadelic Frikiest SessionS. [+]
|
 |
04.01.08. Os ponteareáns CAPITAN FURILO voltan cun segundo traballo, POP?, cinco temazos cos que voltan reivindicar o pop guitarreiro cantado en galego. [+]
|
 |
27.12.07. Fechamos o ano 2007 con ZOOMMM TEXTOS BIONICOS, un poemario multimedia da xenial ESTIBALIZ...ESPINOSA no que acompaña ao texto cos seus propios recitados e música. [+]
|
 |
26.11.07. O trío SONHOS fai o seu debut en forma de oito temas que abranguen dende o fado ao bolero pasando pola bossa e a musica tradicional galega. [+]
|
 |
22.11.07. A poesía de PEDRO LAMAS fai a súa estrea na forma dun e-book que agrupa tres das súas obras, VENUS SNUVE, ATERRA ATERRA e AS PALABRAS SON OLLOS TORTOS. [+]
|
 |
14.11.07. Baixo o título de O DIAÑO E A MONA o zanfonista XURXO ROMANI edita sete novos temas nos que a electrónica, a música tradicional e o jazz se dan cita co roce nas cinco cordas. [+]
|
 |
29.10.07. FANNY+ALEXANDER voltan con Finais dos 70s, comezos dos 80s, un segundo traballo no que de novo percuran estender os límites do pop galego feito en galego.[+]
|
 |
25.10.07. Dende Vigo chega Vol. 2, o primeiro traballo de THE BRONXSON PROJECT, un quinteto que toca case todos os paus da música negra americana bebendo da estética dos 70s. [+]
|
 |
01.10.07. A sección de OUTRAS ARTES acolle máis unha fusión entre disciplinas, neste caso a literatura e a fotografía, da man de BESBE co seu primeiro libro, 28. [+]
|
 |
17.09.07. O futuro do blues galego ten nome propio, MOONDOGS BLUES PARTY. O seu incríbel debut, O cadelo lunático, chega ao netlabel precedido dunha morea de premios e recoñecementos. [+]
|
 |
08.06.07. Dende Valga NOISE PROJECT traen o seu primeiro disco, Teleclube, nove temas en galego que se moven entre o post-rock e a querencia noise máis desacomplexada. [+]
|
 |
04.06.07. No décimo aniversario do nascimento do Bravú reeditamos o debut dos que foron un dos pilares do movimento, SKORNABOIS, incluindo ademais o último tema que gravaron, aínda inédito. [+]
|
 |
22.05.07. Jacobo Paz estrea SANATORIO, unha curtametraxe coa que quer provocar a reflexión dos que constrúen o futuro esquencendo o pasado . [+]
|
 |
22.05.07. Dende a Confederación Helvética chega Canari Esquimau de Nonante Kilos dos CENK, unha banda de ska-punk celta moi vencellada a Galiza . [+]
|
 |
12.04.07. Chega a primeira referencia puramente hip-hop do netlabel, DENOMINACION DE ORIXE: RAP DO PAIS, primeiro traballo de OS TRASNOS DE MOSCOSO. [+]
|
 |
30.03.07. A sección de OUTRAS ARTES segue gañando pontos para mudar o seu nome polo de Literatura. Hoxe sae do prelo dixital o poemario Emogramas de LEONIDAS LUA LACORME. [+]
|
 |
16.03.07. A mítica serie Hill Street Blues é o referente estético de CAPITAN FURILO, unha nova formación da que vos apresentamos o seu primeiro EP, pop-rock con letras tanto en galego coma en inglés. [+]
|
 |
12.03.07. A segunda referencia estritamente folk chega da man de DE OUTRA MARGEM, unha proposta transfronteriza de músicos galegos e portugueses que fai que o Miño non sexa máis que un regato. [+]
|
 |
19.02.07. A segunda novidade galega de 2007 chega da man de Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos de ATAQUE ESCAMPE, rock acústico en galego coa pegada de Violent Femmes e Neil young. [+]
|
 |
12.02.07. Dende Ponteareas chega a primeira novidade galega de 2007, Ricos Modernos de COLECTIVO ORUGA, oito temas onde o pop e a electrónica conviven sen complexos. [+]
|
 |
30.01.07. Na sección de AUDIOVISUAL editamos o documental CCCV (Cine Clube Carlos Varela), un filme de RAMIRO LEDO CORDEIRO sobre a obra do comprometido cineasta lucense. [+]
|
 |
16.01.07. De novo cruzamos o océano na percura de músicas na lingua común. Desta volta traemos do Brasil o doce indie-pop dos cariocas LUISA MANDOU UM BEIJO. [+]
|
 |
11.12.06. LE GLAMOUR GROTESQUE pasa a ser un proxecto colectivo con este Dangerous Club, doce xoias de electrónica bizarra incluindo futuros clásicos da nosa música coma Rocco Varela ou TV Freakz. [+]
|
 |
04.12.06. Tamén do Salnés chega o libro de fotografía Miradas dende a cuarta dimensión de XAQUIN ROSALES, unha obra interdisciplinar na que música e poesía acompañan ás imaxes [+]
|
 |
20.11.06. O post-rock manufacturado no Salnés ten nome propio, HANOM AUSSE. Apenas cinco meses despoios do seu debut, o hippie das veigas xa estrea novo traballo, o Grubi Mércores EP. [+]
|
 |
03.11.06. Desta volta recuperamos os catro temas que gravou a banda de punk-rock ourensá THE TRACTORS en 1999. Punk en galego sen concesións, moi na liña de Exploited ou La Banda trapera del Río. [+]
|
 |
20.10.06 Na sección de VELLAS MUSICAS reeditamos a versión íntegra do histórico concerto dos VOCES CEIBES Benedicto e Bibiano no Pavillón de Deportes da Coruña o 25 de xuño de 1976. [+]
|
 |
10.10.06 Dende Pontevedra chegan as paisaxes sonoras de 28 e 42'01", os dous primeiros traballos de NADA, proxecto de electrónica experimental de Javier Méndez Ubeda. [+]
|
 |
03.10.06 Estreamos a sección de AUDIOVISUAL co episodio piloto de MACHIÑOS, unha sitcom galega influenciada por series coma The Young Ones ou Bottom que nunca chegou a ser emitida. [+]
|
 |
20.09.06 Desta volta cruzamos o Miño para editar o primeiro traballo da xoven banda SR. ACASO, rock alternativo manufacturado en Porto con ecos de bandas coma Pavement, The Wedding Present ou Pixies. [+]
|
 |
20.07.07 Recuperamos na sección de VELLAS MUSICAS o único disco de FUSQUENLHA, dez temas de música electrónica con letras comprometidas. [+]
|
 |
28.06.06 Dende A Mariña lucense chega o debut de HA6, seis temas en galego a cabalo entre o punk, o hardcore e o trash. [+]
|
 |
20.06.06 Inauguramos a sección ARQUEOLOXIA MUSICAL coa
restauración, dixitalización e edición das que posíbelmente sexan as
primeiras gravacións da historia dun solista cantando en galego. [+]
|
 |
12.06.06 De terras estradenses chega a electrónica de Vinte e cinco, primeiro traballo de LE GLAMOUR GROTESQUE. [+]
|
 |
07.06.06 Na seccion VELLAS MUSICAS recuperamos o xa mítico Suspiros de Kaña de O LEO I ARREMECAGHONÁ [+]
|
 |
29.05.06 Inauguramos a sección VELLAS MUSICAS coa edición do primeiro e único EP de DOWNTEMPO, pioneiros do trip-hop en galego. [+]
|
 |
15.05.06 Inauguramos a sección de fotografía editando A ALACENA TRASLUCIDA. MEMORIAS DUN RECANTO NA VIAXE, primeiro libro do fotógrafo lucense NACHOK. [+]
|
 |
14.03.06 FANNY + ALEXANDER estrean online o videoclip do seu tema Lene, producido polo propio grupo. [+]
|
 |
23.11.07. Os lucenses OS POBRE$ gravaron unha única demo en 1993, Financial Rock, unha xoia garaxeira que recuperamos agora do analóxico para o dixital na sección de VELLAS MUSICAS. [+]
|
 |
26.10.07. Os ferroláns Rogelio Arias e Sergio Galego asinan Canciones de amor y retranca baixo o alcume do primeiro, ROGER DE FLOR, reivindicando a vixencia dos crooners máis clásicos. [+]
|
 |
28.06.07. O primeiro audiobook do netlabel chega da man de MARIA LADO, que leva o seu poemario BERLIN ao terreno do spoken word con música de FANNY+ALEXANDER composta para a ocasión. [+]
|
 |
06.06.07. A Regueifa Plataforma colabora na edición do disco tributo a Andrés Do Barro MANIFESTO DOBARRISTA no que trinta bandas galegas versionan ao ferrolán. [+]
|
 |
29.05.07. Os Ferroláns QUANT continúan fieis ao formato EP e ao pop devoto da melodía. Esta nova entrega, In It for the Fun, contén catro cancións novas e unha versión moi especial. [+]
|
 |
09.04.07. Tras catro maquetas os herculinos NOUVELLE CUISINE veñen de publicar o seu debut, AUTODICTADO, un disco editado fisicamente de xeito moi peculiar que nós vos ofrecemos en formato dixital. [+]
|
 |
28.03.07. A banda ourensá de folk-rock GUEZOS edita 99-06, un compilatorio que fai un percorrido polos seus sete anos de vida, incluindo catro temas gravados ao vivo. [+]
|
 |
14.03.07. Na sección OUTRAS ARTES non cesan as achegas literarias, desta volta co libro Cerne, unha escolma de poesía e relatos do ponteareán NENO CONGOXA. [+]
|
 |
06.02.07. Estreamos na sección OUTRAS ARTES a nosa primeira referencia literaria, Oremos. Unha obra transgresora na que o poeta ourensán MINUS BALIDO combina poesía e collage. [+]
|
 |
21.01.07. Recuperamos o mítico EP que gravaron en 1991 Os Quinindiolas, un disco maldito que non chegou ver a luz no seu día e no que mesturaban pop, rock, funk e rap con letras en galego. [+]
|
 |
15.01.07. NADA estrea videoclip do seu tema A luta continua, un dos cortes do seu último disco. O clip é obra de Jonay, Roque&Emil, Mara e Abutardarts. [+]
|
 |
08.11.06. Do norte de Lugo chega o debut de ZIMMER103, Hatt Trick, cinco temas de arriscada mestura entre pop, folk e electrónica que non van deixar indiferente a ninguén. [+]
|
 |
02.11.06 Inauguramos a sección de ARTES PLASTICAS coa edición en imaxes e en formato video do Libro de Artista da pintora viguesa Antía Sánchez. [+]
|
 |
17.10.06 De terras ártabras chega o exquisito pop manufacturado por QUANT cos seus dous últimos traballos, Share these Songshines e Sugar Plum Fairy. [+]
|
 |
18.09.06 Incoporamonos coma selo a LAST.FM,
unha das máis efectivas ferramentas de promoción e socialización
melómana que hai na Rede, subindo íntegramente o catálogo musical. [+]
|
 |
17.07.06 Dende a galaxia exterior de Compostela aterra o space-rock de Planeta Iribarne, primeiro traballo dos alieníxenas LOS IRIBARNES. [+]
|
 |
26.06.06 Estreamos o primeiro traballo de HANOM AUSSE , d.r.i.m.i.n. EP, unha novísima proposta de post-rock chegada de terras do Salnés. [+]
|
 |
05.06.06 Viaxamos até Barcelona para traer Mandranugalla de Xurxo Romaní, un disco de zanfona contemporánea no que conflúe a música tradicional galega coa islámica, a medieval a até a electrónica. [+]
|
 |
22.05.06 Cruzamos o Atlántico na percura de novas músicas na nosa língua común para editar o EP Bastidores do microssegundo, da xoven banda brasileira de indie-rock INSTIGA. [+]
|
 |
26.04.06 Editamos Baixo os eucaliptos, o primeiro traballo de PROJECTO MOURENTE, unha inédita proposta de pop electrónico en galego. [+]
|
 |
08.03.06 Facemos a estrea coa edición de Lusco e Fusco, primeiro traballo do dúo indietrónico compostelán FANNY + ALEXANDER. [+]
|
|
|