![]() |
||
Podes baixar un Zip de 10 MB cos catro temas do EP de Capitán Furilo en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns : |
||
"Mediados do ano 2006, dous galegos coñécense nun pub céntrico en Dublin. O que nun principio non pasaría máis que dunha simple anécdota, duha pinta e dunha conversación etérea, o encontro deriva nunha auténtica relación de coincidencias que demostran unha vez máis que a pesar do desorde cósmico, o mundo é terriblemente pequeno para o xogo do destino. Un dos tipos é Oscar T. en beca de estudios internacionais debidamente aproveitada para o intercambio de experiencias algunhas máis satisfactorias que outras, o segundo tipo e Mikel P. en viaxe de pracer e visita familiar. A conversación profundizouse o pasar da segunda guinnes e ambolos dous desatan a hilaridade de cuestión comúns. Ambos foron a ambición fracasada dos estudios musicais en conservatorio en beneficio do rock pois levan anos colaborando con grupos formais e informais, aquí e aló, trala denostada experiencia académica. Ambos teñen debilidade por Inmaculate Fools e levan anos indo a festa dos botes de Arzúa. Pero o que realmente cambia o devenir dos acontecementos, é o culto máis profundo e a añoranza máis sensible pola serie de tv canción triste de Hill Street. Xa no avanzado da noite e perdendo a conta etílica, a conversación remata cunha data formal e un local de ensaio como testigo do nacemento dun novo proxecto. Nace Capitán Furilo. Xa de volta en Galicia en apenas uns dias completan a banda e deciden grabar a primeira maqueta. Catro temas baixo influenzas que van dos Resentidos aos Rolling Stones pasando por Yellow Pixoliñas e Inmaculate Fools." Capitan Furilo son: Oscar T. bateria e percusións Gravada e mesturada nos estudos Hill Street en Lago. Contacto: 607337229 / 645933858 / ocapitanfurilo@gmail.com Capitán Furilo está editado por A REGUEIFA PLATAFORMA. |
||
|