| |
"Cenk, grupo de ska-punk celta galego-suizo, nace polo ano 2003, tras extraordinarios aprovados no Instituto e lamentables suspensos na Escola Politécnica Federal de Lausanne, por culpa da suas paixóns radiofónicas, cinematográficas e cervexeiras.
O virus punkskaïa pogotis foi primeiro identificado no corpo sanguineo de Fab. Excesivamente contaxioso, transmiteuse a Soko tras un contacto nun pasillo do instituto. Iste rapaz, sin darse conta da sua infección, foi a instalarse nunha sala de cine nonde coñeceu e contaminou a Xurxx, seguinte víctima dista triste enfermedade do século XXI.
Todo comezou e logo o día en que Soko descubreu unha guitarra no medio dos seus regalos de cumpleanos. Niste mismo instante, Fab empezara a tocar o baixo e Xurxx estaba por fin en posesión dunha gaita, instrumento que levaba desexando dende os seus catro anos.
Faltaba alguén pra tocar a batería.
E esperaron.
Moito.
Demasiado.
Afartáronse e mercaron unha caixa de ritmos.
Pouco a pouco, o grupo foi ensaiando pra o seu primer concerto, en 2004 na Festa da Cervexa de Lausanne. Nela atoparon a Nicoxxx, o batería. Pouco despois, a caixa de ritmos foi expulsada do grupo (tras haberlle explicado que nista sociedade, pra un mellor rendemento, o futuro da máquina é o home).
No ano 2005 Markass, tras un ano en Australia pelexando cos kanguros, xúntase a Cenk coa sua guitarra.
A finais de 2005, a revista « Realrocker » fala de Cenk como tercer mellor novo grupo suízo.
Está claro que Cenk débelle unha copa a grupos coma O Jarbanzo Negro, Os Papaqueixos, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Explosion de Caca, The Real McKenzies ou Flogging Molly, por habelos influído..."
Web: http://www.cenk.ch
Contacto: contact@cenk.ch |
|