Podes baixar un Zip de 32 MB cos tres temas do Grubi Mércores de hanom ausse en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

  1. Grubi Mércores
  2. Hippie das veigas
  3. Non sei por qué segundos

Capa do CD

Grubi Mércores. A banda sonora dunha tarde de verán colgado das ponlas dos carballos, lambendo ras nas pozas dos herbais e observando o ceo a traverso das follas dos ameneiros, mentres unha figura estática, coma un aparecido, observa dende a distancia co sol nas costas. O Hippie das veigas. Folkie de ollar estraviado, pel trasparente e unha constelación de arcos e frechas na palma da man. Di que sempre hai unha hora para volver á casa. Non sabe por qué camiños. No sei por qué segundos.
 

Podes baixar un Zip de 16 MB cos tres temas do d.r.i.m.i.n. EP de hanom ausse en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

  1. d.r.i.m.i.n.
  2. beatniks, só eles escoitan esa clase de música
  3. moi ben, tripper

Capa do CD / Contracapa do CD

 
 

"hanom ausse é un proxecto punk, na acepción de faino ti mesmo, ao teu xeito. Non hai obxetivos nen búsqueda, só o pracer de xuntar pezas nun puzzle sen enmarcación: repetición, erro, aburrimento e desafinación. Como di a rapaza ao final de 'd.r.i.m.i.n.': one of those sleepy daydreams. As influencias? Hood , Piano Magic, Low, The Cure, Savoy Grand, Dj Shadow, Matt Elliott e un longo, longo etc... pero as influencias non sempre resultan evidentes, explícitas (de feito nunca deberan selo)"

Contacto: hanomausse@hotmail.com

d.r.i.m.i.n. EP e Grubi Mércores están editados por A REGUEIFA PLATAFORMA.