![]() |
||
Podes baixar Machiños en formato DIVX (188 MB) premendo aqui Podes baixar Machiños en formato WMV (188 MB) premendo aqui Podes baixar Machiños en formato Quicktime (302 MB) premendo aqui E tamén podes ver Machiños online: |
||
“MACHIÑOS foi o noso intento de facer unha sitcom galega para a mocidade. Nun momento (anos 97/98) en que só había dúas series galegas en emisión (Pratos Combinados e Mareas Vivas), tres fans de Rik Mayall (o mítico actor protagonista de Os Novos, Bottom, The New Statesman...) nos propuxemos facer unha serie do estilo destas sit-coms de culto da BBC... “á galega”. “Machiños” narra as desventuras de Toño e Denis, dous estudantes galegos fracasados, suxos, lacazáns, borrachíns e un chisco machistas. Ademais da obvia influencia de “Os Novos” (da que collemos, ademais do seu humor surrealista, o costume de introducir un video-clip en cada capítulo, neste caso dos grupos galegos, naquel momento da explosión do “rock bravú”), Machiños bebe de outras moitas series clásicas: “Bottom”, “Friends”, “Men behaving badly”, “George & Mildred”... Este que ides ver non é mais ca un capítulo piloto. Quedaron moitas, moitas historias por contar: Toño e os seus infructuosos esforzos por adelgazar, a operación de fimosis de Denis, unhas vacacións frustradas por un secuestro aéreo por parte de integristas afganos (lembremos que estamos falando de 1997, cando unha idea semellante era delirante e mesmo divertida...) unha festa no piso que remata en catástrofe... Cando escribo estas liñas, a finais de 2006, -irónicamente, nun piso compartido non moi diferente ó dos nosos “Machiños”- é obvio que fracasamos. “Machiños” nunca foi comprada por ningunha productora, nunca foi emitida pola TVG, e xa nunca o será. Pero se hoxe, case dez anos despois, grazas ás posibilidades de internet conseguimos arricarvos un sorriso... o esforzo terá valido a pena." FICHA TÉCNICA: Unha producción da EIS (Escola de Imaxe de Son). Idea orixinal: Denís López, Xosé Antón Moure. Intérpretes: César Martínez “Goldi”, Denís López, Manuel Millán, Marita Martínez, Raquel Ramos. Contacto: Denís López (tfno: 630-116-915) MACHIÑOS está editado por A REGUEIFA PLATAFORMA. |
||
|