NOISE PROJECT - TELECLUBE (2007)
A vocación vangardista vencellada ao compromiso coa nosa língua tivo dous referentes indiscutíbeis na historia da nosa música: a finais dos 70 cos composteláns N.H.U. e nos 80 con Os Resentidos de Antón Reixa. Dende Valga chega agora Noise Project, un sexteto que se move entre o post-rock e a querencia máis desacomplexada polo noise. Os seus referentes van dende Sonic Youth a Pavement, pasando por Mogwai, Explosions in the Sky, Godspeed You Black Emperor!, The Jesus & Mary Chain, o shoegaze ou os propios N.H.U. Unhas referencias máis que palpábeis neste "Teleclube", un debut composto por nove temas nos que a vocación arty e experimental non está rifada co sentido do humor e a máis absoluta modestia sobre e baixo as táboas.
BIO
Foi alá polo 2004 cando Raúl (guitarra e voz) e Alexandre (guitarra e voz) empezaron a quedar no Teleclube de Cordeiro (Valga) para intentar compoñer algo e pasar o tempo facendo o que máis lles gustaba, ruído. Non tardaron en unírselles Víctor (ex guitarrista e baixista en grupos locais) á batería, e algo máis tarde Óscar (baixo e voz) ó baixo. Con esta formación deron os seus primeiros concertos, debutando no Pub Shibulla (Valga) a mediados do 2005. A finais dese mesmo ano uníuselles Javi á guitarra (con experiencia en varios grupos da zona). A formación actural de sexteto conpletouse a mediados do 2006 coa incorporación de Ernst (efectos e arreglos) ó laptop.
Raúl --- guitarra, voz
Alexandre --- guitarra, voz
Oscar --- baixo, voz
Víctor --- batería
Javi --- guitarra
Ernst --- laptop
Luís --- frauta (en "A aposta")
Contacto: noise-project@hotmail.com
Myspace: http://www.myspace.com/noiseproject
Todos os temas compostos por Noise Project agás Rapaciña, orixinal de Andrés Lapique Do Barro.
Gravado nos estudos Pousada Son de Bertamiráns e no Teleclube de Valga.
Deseño da capa de ARTvinilo.
Teleclube tamén está á venda en formato CD ao prezo de 5 euros. Se queres unha copia fai a túa encomenda aqui.

Teleclube de Noise Project está editado por A REGUEIFA PLATAFORMA. |