Podes baixar un Zip de 69 Mb cos doce temas de AUTODICTADO en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

  1. Galileo
  2. Mapa
  3. Pandeirada

Capa do CD

 
 

"Grupo coruñés con cinco anos de experiencia, Nouvelle Cuisine envorcou as variadas influencias musicais dos seus membros (Bossa-nova brasileira, pop británico, nouvelle chanson francesa, indie-pop estatal...) en catro maquetas: Bob, Nouvel Essai, Muy hecho/ poco hecho e La merienda. Esta última obtivo o quinto posto do podio maqueteiro 2005 do programa Disco Grande de Radio 3, así como o recoñecemento como "Maqueta do ano 2005" polo fanzine El Efecto Orégano. Tamén resultou gañadora no Concurso Grupo Revelación Nacional organizado polo Festival Contempopránea, o que permitiu á formación tocar no propio festival, compartindo cartel e escenario con grupos xa consagrados como La Casa Azul, Tachenko ou La Buena Vida.

Tralo éxito de 2006, Nouvelle Cuisine marcouse o obxectivo de gravar un disco en 2007. Dado que o modo de gravación, reprodución e difusión da música variou nestes tempos, para o seu novo traballo centráronse en aumentar o valor simbólico do obxecto en si mesmo, individualizándoo e facendo partícipe ao que o posúe do propio proxecto creativo do grupo.

Así, faranse tiradas de 24 unidades do disco Autodictado, e cada unha delas será un cadro diferente composto por 24 cds, cada un deles numerado dentro da serie. O que adquira un disco deixará o seu nome como propietario dunha parte desa serie (por exemplo, da serie 1 terá o disco a-7) e todo o mundo saberá, a través da web do grupo, que el e só el é o propietario dese disco único e irrepetible."

Contacto: lanouvellecuisine@yahoo.fr

Myspace: http://www.myspace.com/nouvellecuisine

Fotolog: http://www.fotolog.com/nouvellecuisine/

Videoclip de Record

 

 
 

Editado por A REGUEIFA PLATAFORMA baixo licenza Creative Commons.