Podes baixar un Zip de 43 Mb cos doce temas de DENOMINACION DE ORIXE: RAP DO PAIS en mp3premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :
"Os Trasnos de Moscoso nacen no 2003 cando tres rapaces de Moscoso e outro de Redondela se unen a través da canle expresiva do hip-hop. Dende o comezo tiñan ben claro o rap que lles apetecia: letras que describan a realidade que os rodea, actitude sincera e bases creativas, fuxindo de certos clichés que rodean a parte da escena hip-hop.
Os Trasnos de Moscoso confórmano; Toneco e Alberto (voces), Mon (Dj) e Che (Productor). O resultado deste coktel é un rap de rimas fortes e sólidas sobre un fondo musical que bebe da electrónica e fuxe do simplismo, distinguindose da maioria das produccións de rap.
Posúen un directo serio, natural e intenso, onde a música non é un simple acompañamento das voces. Compartiron escenario con B.P.M., NAO, A BANDA DE POI, LEO i ARREMECAGHONA, TINO BAAZ, SKARNIO, BLEAK DAYS, MR. DRAMA, PÁNICO EN LAS CALLES, SL CREW, etc...
No 2004 comezan a gañar tablas e a curtirse como grupo cos seus primpeiros concertos , para en Septembro do 2005 paralizar as suas actuacións e adicarse completamente á grabación da súa primeira maqueta “DENOMINACIÓN DE ORIXE; RAP DO PAIS”. O parto durou 9 meses, a comadrona foi Jimi, guitarrista de “Bleak Days”, que se ocupou da gravación, coprodución e masterización.
A finais de 2006 quedan en terceiro lugar no Certame de Novos Creadores GZCrea organizado pola Xunta de Galicia. Tamén foron seleccionados para participar na Rede Galega de Música ao Vivo 2007.
Entre os seus próximos proxectos atópase a creacións da paxina web do grupo, que complementará a información xa existente no MySpace e no Yotube, e onde se poderá descargar a maqueta completa. Tamén lle porán música á curtametraxe “O traballo mata” e están preparando o que será o seu primeiro vídeo clip."