SONHOS - SONHOS (2007)
Sonhos nascen en 2003 coma unha viaxe a través de diferentes xéneros, sen fronteiras musicais e apostando pola fusión de estilos. O repertorio conxuga creacións propias e versións, onde cada integrante plasma a sua personalidade. Chegados dende diferentes lugares -cunha voz galega, os acordes dunha guitarra murciana e os toques exóticos dunha bandola colombiana- e influídos por diversos xéneros comparten un mesmo espazo onde habitan matices de fado, de bolero, de bossa, de folk, de jazz… creando así un son propio que lles permite moverse en diferentes xéneros.
Web: http://www.myspace.com/gruposonhos
Email: gruposonhos@yahoo.es
SONHOS
Susana Garrido Pombo (voz)
Pedro Ospina (bandola)
Jose Saura (guitarra)
Colaboran Pedro (percusión) e Oscar (contrabaixoo)
Todos os temas compostos por Susan G. Pombo agás 3 (Pedro Ospina), 7 (Zeca Pagodinho e Candea) e 8 (Peninha).
 |