| |
John Carrack non viu Superman na infancia.. Pero non malgastou o seu tempo, senón que o aproveitou, compoñendo o exquisito solo de guitarra de Travelling Prukogui, utilizando a reverb natural do patio de luces para executar furiosos riffs dende a súa fiestra para deleite dos seus colegas e malestar do resto da cidadanía.
Sony Retro, tras herdar os escuros negocios de "La sua Famiglia", consegue un mugriento baixo eléctrico nunha das moitas apostas clandestinas que tiñan lugar nos sotos da Torre (famoso local nos baixos fondos, utilizado por Sony como tapadera durante anos e onde se coñecerán The Bronxson Project).
Hoxe en día Sony aínda non mudou de baixo.
Terry Fayer é de Coia. Heavys de Puchcondor frecuentaban o seu barrio mentres na súa habitación sucedíanse os concertos de walkman e raqueta. Mais tarde acabou frecuentando a Torre, onde coñeceu ao resto de futuros compoñentes da banda.
Karate kid era máis nena que Richard Clayderman, ou iso foi o que pensou o Señor Miyagui cando deixou as artes marciais. A súa infinita sabedoría curtida a base de mandobres serviulle para comprender por que nun piano hai teclas brancas e negras.
Sam Drum Machine descobre o Monte da Mina: o único local de ensaio gratis en toda a cidade.
A golpe de baqueta abriuse paso entre as feras que custodiaban a entrada, evitando así o terse que apuntar a un curso de cociña.
Actualmente Sam Drum Machine se atopa en paradeiro descoñecido. Contan que adestra baixo as doutrinas do mestre Kaido.
"Botámosche de menos cada momento."
(Os teus amigos que che queren.)
Mentres tanto, o Señor Miyagui e Terry Fayer deciden subir o Monte da Mina. Pero o Presi de devandito lugar detén os seus pasos dicindo: "Aquí só hai sitio para un grupo de Ró(ck)..."
O afortunado grupo formábano Sam, Sony e John.
A unica solución era a fusión:
THE BRONXSON PROJECT.
Pero non todo foi un camiño de rosas. A misteriosa desaparición de Sam Drum Machine foi un duro golpe. Superado grazas á adquisición do inocente calimero Stan Ki Ramires, único fan declarado de Fiona Apple. Os últimos rumores indican que The Bronxson Project foi visto roldando os estudos de gravación Mix-Plus, editando posteriormente o seu primeiro Ep "Vol.2".
http://www.myspace.com/thebronxsonproject

|
|