A REGUEIFA PLATAFORMA
Podes baixar un Zip de 57 MB cos once temas de Mandranugalla en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns : Tangaraño A Man A Marronda Belial Vocatur Amours me fait desirer Apoptosis O bico da pedra L'ou com balla Bréamo Tangaraño (Fanny+Alexander Remix) O bico da pedra (Fanny+Alexander Remix) Capa do CD / Contracapa do CD
Podes baixar un Zip de 57 MB cos once temas de Mandranugalla en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :
Tangaraño
A Man
A Marronda
Belial Vocatur
Amours me fait desirer
Apoptosis
O bico da pedra
L'ou com balla
Bréamo
Tangaraño (Fanny+Alexander Remix)
O bico da pedra (Fanny+Alexander Remix)
Capa do CD / Contracapa do CD
O disco Mandranugalla (mestura de dúas verbas, catalana e galega, que definen o arte da preguiza) combina zanfona contemporánea con todo tipo de instrumentos reais e sampleados, bebendo das fontes da música tradicional galega , da música islámica , e da música medieval . A zanfona vai acompañada nos nove temas por percusións reáis e sintéticas, e todo tipo de instrumentos. Feito aínda máis destacado nos dous temas remesturados por Fanny+Alexander que figuran coma bonus tracks , remesturas electrónicas que pretenden que o instrumento saia do mundo elitista da música folk e tradicional e chegue sen complexos ao gran público. Xurxo Romaní , galego residente en Barcelona dende hai 13 anos. Gaiteiro, entusiasta da música tradicional galega, das músicas árabes, da música medieval e renacentista, autodidacta de diversos instrumentos de corda (mandolina, saz, oud, bouzouki) e adicado dende 1997 ó estudo da zanfona. Ex-compoñente do xa desaparecido grupo de música folk galaico-mediterránea Ondina Xana , compoñente do sexteto de música antiga Organistrum e colaborador doutros músicos da escea galaico-barcelonesa como César del Caño ou Míriam González . A fascinación pola zanfona vénlle dende cativo, pero como moitos outros rexeitou comezar co instrumento pola dificultade naquela época de conseguir un a un prezo razoable e coas características técnicas necesarias para sacarlle partido. No folk galego, ate hai pouco, a zanfona ten desempeñado o papel de instrumento secundario, e nos últimos anos a adopción da zanfona contemporánea, con melloras técnicas notábles, vai acompañada dunha explosión de creatividade e de novos músicos adicados a sacarlle a este milenario sintetizador medieval todo o que leva dentro. Descubre a zanfona contemporánea influido por músicos cataláns como Eduard Casals e Marc Egea , e polo luthier Sedo García , que constrúe en Catalunya zanfonas inspiradas no modelo francés. Profundiza no seu estudo en cursos coa Asociación Ibérica da Zanfona con Gilles Chabenat , Pascal Lefevre , Nigel Eaton ou Valentin Clastrier . Toca unha zanfona electroacústica construida polo luthier austríaco Wolfgang Weichselbaumer . Contacto: xurxoromani@aregueifa.net / 646206294 Mandranugalla está editado por A REGUEIFA PLATAFORMA .
O disco Mandranugalla (mestura de dúas verbas, catalana e galega, que definen o arte da preguiza) combina zanfona contemporánea con todo tipo de instrumentos reais e sampleados, bebendo das fontes da música tradicional galega , da música islámica , e da música medieval . A zanfona vai acompañada nos nove temas por percusións reáis e sintéticas, e todo tipo de instrumentos. Feito aínda máis destacado nos dous temas remesturados por Fanny+Alexander que figuran coma bonus tracks , remesturas electrónicas que pretenden que o instrumento saia do mundo elitista da música folk e tradicional e chegue sen complexos ao gran público.
Xurxo Romaní , galego residente en Barcelona dende hai 13 anos. Gaiteiro, entusiasta da música tradicional galega, das músicas árabes, da música medieval e renacentista, autodidacta de diversos instrumentos de corda (mandolina, saz, oud, bouzouki) e adicado dende 1997 ó estudo da zanfona. Ex-compoñente do xa desaparecido grupo de música folk galaico-mediterránea Ondina Xana , compoñente do sexteto de música antiga Organistrum e colaborador doutros músicos da escea galaico-barcelonesa como César del Caño ou Míriam González . A fascinación pola zanfona vénlle dende cativo, pero como moitos outros rexeitou comezar co instrumento pola dificultade naquela época de conseguir un a un prezo razoable e coas características técnicas necesarias para sacarlle partido. No folk galego, ate hai pouco, a zanfona ten desempeñado o papel de instrumento secundario, e nos últimos anos a adopción da zanfona contemporánea, con melloras técnicas notábles, vai acompañada dunha explosión de creatividade e de novos músicos adicados a sacarlle a este milenario sintetizador medieval todo o que leva dentro. Descubre a zanfona contemporánea influido por músicos cataláns como Eduard Casals e Marc Egea , e polo luthier Sedo García , que constrúe en Catalunya zanfonas inspiradas no modelo francés. Profundiza no seu estudo en cursos coa Asociación Ibérica da Zanfona con Gilles Chabenat , Pascal Lefevre , Nigel Eaton ou Valentin Clastrier . Toca unha zanfona electroacústica construida polo luthier austríaco Wolfgang Weichselbaumer .
Contacto: xurxoromani@aregueifa.net / 646206294
Mandranugalla está editado por A REGUEIFA PLATAFORMA .